Presentación das IV xornadas "Cultura en produción"

Compartir
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 7 de marzo, a presentación das IV xornadas "Cultura en produción", enmarcadas na ICC Week 2017. O acto contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; do coordinador da ICC Week, Juan Rivas; e alumnos de Producción Audiovisual e Espectáculos do CIFP A Frixa, Inma Hermida e Alexandre Corbillón.