Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Challenge los 4 días de Ourense – A provincia termal", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o delegado da Secretaría Xeral para o Deporte, Mario Guede; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz; o presidente da Fundación Ado Moure, Carlos Moure; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; e o subdirector xeral de "La Región", Carlos Barbosa.