.- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato de España de Longa Distancia e do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán en Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; da presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente; e do alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez.