Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, presentan no marco do Plan ExportOU, de apoio á internacionalización das empresas ourensás, o Servizo Integral de Reforzo Exportador. No acto, que contará con técnicos do programa SIRE, entregaranse tamén os diplomas aos xóvenes profesionais que completaron a formación en comercio exterior do Servizo de Primeira Exportación.