Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 27 de marzo, a presentación da proba cicloturista "Ourense Strade Termal". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do exciclista, Óscar Pereiro; dos alcaldes de Lobios e Muíños, María del Carmen Yáñez e Plácido Álvarez; do director xerente de Caldaria, Javier Soto; e do xerente de Mitsubishi-TAR, Juan López.