.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 10 de maio, a presentación da Romaría Etnográfica "Raigame". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense, Mariló Fernández Senra; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; e o técnico de Cultura do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro.