Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do II ciclo de encontros de agrupacións vogais "Voces en el Camino" 2018. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da directora do proxecto, Mª del Carmen González, do presidente da coral Aqua Música, Antonio Fernández, e do director da banda do Camiño, Xavier Vaz.