Presentación do 32º Campionato Galego de Piragüismo de Inverno.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 32º Campionato Galego de Piragüismo de Inverno que se disputará en Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e da tenente de alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez e Sonia Taboada; do xefe do servizo provincial de Deportes de Ourense, Manuel Pérez; do presidente e do delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea e José Manuel Fernández; e do presidente do Club Fluvial de Avión, Pedro Andrés García.