Presentación do 33º "Día da Bici".-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 12 de setembro, a presentación do 33º "Día da Bici". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz; do representante do Grupo "La Región", Carlos Barbosa; e do presidente da fundación Ado Moure, Carlos Moure.