Presentación do 7º show benéfico en favor de Aixiña.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Sueña", lema do 7º show benéfico en favor da Asociación Aixiña. O evento, que terá lugar no Teatro Principal, abranguerá actuacións musicais e desfiles de moda. O acto contará coa participación da deputada provincial, Montserrat Lama; das organizadoras do evento, Pamela de Marco e Leticia Celaá; da concelleira de Comercio de Ourense, Flora Moure; e da presidenta de Aixiña, Olga Cuña.