Presentación do "82º Congreso do PEN Internacional"

Compartir
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do "82º Congreso do PEN Internacional", que reunirá en Ourense a escritores de diferentes partes do mundo. A presentación contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar, e a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias.