Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 4 de xuño, a presentación do campamento da Ourensanía "Explora Ourense 2018". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; e do representante de Sustinea, Paulo Vázquez.