Presentación do Campionato de España individual e de autonomías de ximnasia rítmica.-

Compartir
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do Campionato de España individual e de autonomías de ximnasia rítmica, que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz entre o 23 e o 26 de xuño. Na presentación tamén intervirá o delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; e a secretaria técnica de ximnasia rítmica da Federación Española de Ximnasia, Lorena Gómez. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense. Esta presentación poderase seguir en directo a través da web da Deputación.