Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato de Galicia 2019 Fondo en Estrada de Élite e Sub-23. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Cenlle, Gabriel Alén; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e en representación da Asociación de Veciños de Barbantes Estación Cenlle, Alejandro Bello.