.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 14 de xullo, a presentación do Campionato de Galicia Absoluta de Atletismo. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González; o vicerreitor do Campus Universitario de Ourense, Virxilio Rodríguez; o vicepresidente e o director técnico da Federación Galega de Atletismo, Manuel Blanco e Ángel Fidalgo, respectivamente.