.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato Galego de Xóvenes Promesas. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do presidente e do delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea e José Manuel Fernández; e en representación do Club Fontefría, Óscar León Domínguez.