Presentación do Concerto de Nadal-30º Aniversario da Real Banda de Gaitas

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do Concerto de Nadal-30º Aniversario da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e o DVD do Concerto de Nadal celebrado en Xunqueira de Ambía o ano pasado. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes; o arquiveiro da catedral de Ourense, Miguel Ángel González; e a cantora, María do Ceo.