.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro martes, 26 de decembro, a presentación do concerto de Reis da Real Banda de Gaitas da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do bispo de Ourense, Leonardo Lemos. Na presentación actuarán as Cantareiras da Real.