Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá venres, 22 de xullo, a presentación do "Congreso Internacional sobre San Martín de Tours". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do Bispo de Ourense, Leonardo Lemos; e dos investigadores medievalistas da Universidade Autónoma de Madrid, Jorge López Quiroga e Artemio Martínez.