Presentación do congreso internacional "Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico". O acto terá lugar mañá na sala de xuntas da Subdelegación de Goberno en Ourense coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da CH Miño-Sil, José Antonio Quiroga; o vicepresidente da Cámara Municipal de Terras de Bouro, Adelino Cunha, e o concelleiro de Economía e Turismo da Cámara Municipal de Melgaço, José Adriano Lima.