Presentación do Cros de Ribadavia 2018.-

Compartir
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Cros de Ribadavia 2018. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do presidente e do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos e Manuel Blanco, respectivamente; do director do Cros de Ribadavia, Lalo Gómez; do responsable do servizo provincial de Deportes da Xunta, Mario Guede; e do alcalde e do concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ignacio Gómez e Ricardo González, respectivamente.