Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 1 de xullo, a presentación da 13ª edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) 2016. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde do Concello de Celanova, José Luis Ferro; do director da Área de Planificación do Campus de Ourense, José Mª Faílde Garrido; do presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; do director do AGADIC, Jacobo Sutil; do director do CeMAC, Miguel Anxo Fernández; e do director do Taller Celanova, plató de ficción, Paulino Pérez.