- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do estudo "Polígono en cifras", iniciativa conxunta da Deputación de Ourense, a Asociación de Empresarios de San Cibrao e a Universidade de Vigo. O acto contará tamén co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o presidente da Asociación, Elías Mera; e os vicerreitores de Economía, Investigación, Transferencia e do Campus de Ourense, José María Martín, Belén Rubio, Consuelo Pérez e Esther de Blas. Lugar: Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao (rúa Ricardo Martín Esperanza, s/n, San Cibrao das Viñas).