No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do evento musical "Mood". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do promotor e organizador, Adrián Fragueiro; do promotor de música electrónica, José Luis Arce; do promotor, Francisco Javier Prado; e do artista, Jonathan Míguez.