Presentación do "Festival Internacional Rebulir"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 15 de decembro, a presentación da undécima edición do Festival Internacional Rebulir (FIR). O acto contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; da secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Silvia Dorado; da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez; do alcalde de Ramirás, Carlos Rodríguez; e do director artístico do FIR, Alexandre Sotelino.