Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Foro da Castaña, un evento organizado pola Deputación de Ourense e o Grupo Cuevas que se enmarca nunha serie de iniciativas orientadas a proxectos relacionados coa castaña e o apoio ao rural. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste.