- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 5 de xullo, a presentación do II Festival de Castelo do Bolo.O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, do alcalde do Bolo, Manuel Corzo; e do gaiteiro, Óscar Ibáñez.