O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta aos alcaldes dos concellos polos que transcorre a Vía Nova o "Informe sobre a Vía Nova, estado actual e propostas de dinamización para darlle un pulo como circuíto cultural". Manuel Baltar estará acompañado polo alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o autor da parte galega do informe, Santiago Ferrer.