No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro dedicado a Buciños dentro do programa "Diario de artista". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Fundación Xoan Piñeiro, Xesús Vázquez; e do artista Manuel Buciños.