Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 2 de marzo, a presentación do libro Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, editado pola Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e dos coordinadores do libro, Antonio Rial e Margot Valcarce.