Presentación do nº 3 da Revista "A Bugalla".-

Compartir
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 15 de marzo, a presentación do nº 3 da revista "A Bugalla". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e do director do grupo "Queixumes dos Pinos", José Antonio Viñas.