.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá xoves, 1 de decembro, na presentación do número 6 da "Revista Larouco" que terá lugar no Salón de Actos do Centro de Interpretación e Museo da Vía Nova Romana, en Portoquintela (Bande). No acto tamén participará o presidente da Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, Luis Fernando Quiroga; e o director da Revista do Grupo Arqueolóxico Larouco e vicepresidente da Fundación, Antonio Rodríguez Colmenero.