.- O edificio multiusos do Concello do Barco de Valdeorras acollerá mañá martes, 21 de febreiro, a presentación do estudo do Observatorio Económico Ourensán referido ás comarcas de Valdeorras e de Trives. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.