Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro luns, 18 de xullo, a presentación do partido de fútbol sala entre as seleccións de España e Exipto. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do seleccionador nacional de fútbol sala – RFEF, Venancio López; do responsable da Selección Española de fútbol sala de RFEF, Laurentizi Gana; do vicepresidente 1º da Federación Galega de Fútbol, Gustavo Falque; e do directivo de Federación Galega de Fútbol responsable da especialidade de fútbol sala, Pablo Prieto.