Presentación do programa do OUFF 2018.-

Compartir
No salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do programa completo do 23ª Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e a delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco.