.- No Parque Arqueolóxico de San Cibran de Las terá lugar mañá xoves, 6 de outubro, a presentación do programa escolar "Coñece Ourense". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da coordinadora da actividade, Olalla Lorenzo; e de profesores e alumnos do colexio Santo Ángel de Ourense.