.- No Balneario de Laias (Cenlle) terá lugar mañá venres, 15 de xaneiro, a presentación do programa "Termalismo Social 2016" que promove a Deputación de Ourense conxuntamente cos balnearios da provincia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o director da Área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, e os representantes dos balnearios do Grupo Caldaria (Laias, Lobios e Arnoia), Baños de Molgas, Cortegada e O Carballiño.