Presentación do proxecto europeo "Emprende Makers".-

Compartir
No salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do proxecto europeo de cooperación transfronteriza "Emprende Makers" (programa INTERREG V A España Portugal). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da secretaria xeral de Emprego - Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e da concelleira de Educación e Promoción Económica do Concello de Ourense, Mª Teresa Rodríguez. Trala presentación, desenvolverase a mesa "O movemento maker ante a pandemia do COVID-19".