Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do proxecto "Un camiño de historias, teatralizacións no camiño". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información do Concello de Ourense, Manuel Vázquez; do alcalde de Xunqueira de Ambía, Jose Luis Gavilanes; da primeira tenente de alcalde de Vilamarín, Marina Rodríguez; do organizador, José Novoa; e da xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, Sandra Quintas.