Presentación do spot oficial da "Vuelta a España" 2016

Compartir
.- No Teatro Principal de Ourense terá lugar mañá martes, 7 de xuño, a presentación do spot oficial da "Vuelta a España" 2016. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral da "Vuelta", Javier Guillén; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a artista Marta Sánchez. Declaracións aos medios ao remate do acto (aproximadamente ás 12.30 horas) no vestíbulo do teatro.