Presentación do Torneo de Fútbol 8 "Ourense provincia termal".-

Compartir
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 18 de maio, a presentación do Torneo de Fútbol 8 "Ourense provincia termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director xeral do Torneo, Javier Caldas "Butra"; do presidente da Escola Deportiva de Ourense, Manuel Meiriño; e do concelleiro de Deportes de Ourense e Xefe do servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede.