Presentación do VI Campionato de España de Natación Artística.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 9 de xullo, a presentación do VI Campionato de España de Natación Artística alevín e junior. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; da presidenta do Club Sincro Ourense, Luz María Abadín; do secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera; e da secretaria Xeral de Deportes, Marta Míguez.