Presentación do videoclip "A Cidade"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 18 de novembro, a presentación do videoclip "A Cidade". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; dos directores do videoclip, Marcos Nine e Otto Roca; do músico, Magín Blanco; e da responsable do colectivo "Re.creo", Marta Somoza.