Presentación do "VII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá mércores, 27 de xullo, a presentación da VII edición do "Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde do Concello de Manzaneda, David Rodríguez; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Samartín.