.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da décima edición do Festival Internacional Rebulir. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde de Ramirás, Carlos Rodríguez; e o director artístico do Festival, Alexandre Sotelino.