Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do XIV Torneo de Hockey Internacional de Veteranos. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; e do vicepresidente, secretario e vogais do Club Deportivo Open, Alberto Estévez, Javier Valencia, Francisco Javier Masid e Carlos Domínguez, respectivamente.