- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 13 de abril, a presentación das actividades deportivas do "Xurés Experiences" 2018 da comarca da Baixa Limia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos alcaldes de Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande.