Presentación dos actos do 50º aniversario do Polígono de San Cibrao

Compartir
.- Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, terá lugar mañá mércores, 23 de setembro, a presentación do programa de actos do 50º aniversario do polígono industrial de San Cibrao das Viñas. No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández; o presidente da Asociación de Empresarios do polígono, Elías Mera; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.