Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos "Venres interpretados" en Pazos de Arenteiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador da actividade, Darío Rodríguez.