.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do estudo "Turismo termal en España", que terá lugar na Casa de Galicia (rúa Casado del Alisal), en Madrid. No acto tamén intervirán o autor do estudo, Mario Crecente; o director xeral de "Vuelta a España", Javier Guillén; o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Fernando Bayón, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.